martes, 30 de maio de 2017

INVENTOS DA CIVILIZACIÓN CHINESA


PORTAFOLIO CURSO TACs



ÍNDICE
- Deseño de tarefas integradas. Parada de 3 minutos.
- Liña de deseño da tarefa.
- Evidencias para o portafolio da tarefa feita polo alumnado. 
- Despois da implementación.  
- Listaxe de pros e contras cara o cambio metodolóxico, iniciais e finais.
 1.- Deseño de tarefas integradas. Parada de 3´
·                                Cousas que entendo
-          Obriga ao alumnado a reflexionar sobre o tema traballado.
-          Traballa a comunicación nos grupos.
·         Cousas que me pregunto
-   Que facer cando non xorden dúbidas e preguntas.
·         Cousas que aprendín ou aclarei na parade de 3`
-   Hai unha maior implicación e motivación por parte do alumnado.
2.- Liña de deseño da tarefa
A tarefa consiste en investigar sobre os inventos da cultura chinesa.
·                    Cousas a manter
-   A duración da actividade.
-   Reflexión inicial sobre o tema a investigar e a tarefa a realizar.
Cousas a cambiar ou corrixir
-   Traballar máis dinámicas que enfaticen a importancia do traballo en grupo.

3.- Evidencia para o portafolio do noso alumnado.
Elaboración dun mural que recolla a información recollida e publicalo na páxina do cole.

4.- Despois da implementación
·         Cousas a manter
-   Traballo por grupos cooperativos.
-   Exposición dos produtos finais ante a comunidade educativa.

·         Cousas para modificar
-   Buscar a participación doutros especialistas para que a tarefa sexa máis enriquecedora.

5.- Listaxe de pros e contras cara o cambio metodolóxico, inicais e finais.
·         Pros iniciais
-   Desenvolve actitudes positivas cara á aprendizaxe.
-   Desenvolve a tolerancia e a flexibilidade.
-   Maior motivación e intereses.
.
·         Pros finais
-   Todo o alumnado participa no produto final.
-   Aprendizaxe globalizada e interdisciplinar.

·         Contras iniciais
-   Distribución do alumnado nos grupos de traballo.
-    O tempo de organziación da actividade cando non hai hábito de traballo na aprendizaxe por tarefas e cooperativa.

·         Contras finais
-   Algún membros dos equipos impón demasiadas veces a súa voz sobre os demais.



mércores, 3 de maio de 2017

COMEZAMOS

Neste blog compilaranse as tarefas realizadas no curso "As tecnoloxías da aprendizaxe e o coñecemento no deseño de actividades integradas".